Uns cincuenta alumnos e alumnas de terceiro e cuarto curso de Primaria do colexio de Piñeiros visitaron a mañá do mércores 28 de outubro o Concello de Narón.
Acompañados polos integrantes do equipo de Seguridade Vial de Narón, Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, chegaron ao Consistorio en bicicleta e despois foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, e pola concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, no salón de plenos.
Os rapaces e rapazas preguntáronlle a Blanco por varios asuntos relacionados coa vida política local e algunhas obras que se están executando no termo municipal. Foron varios @s que se interesaron ante o rexedor polos anteriores alcaldes que tivo Narón, por como se pode chegar ao cargo e que supón a nivel persoal.
Rematada a recepción no salón de plenos os rapaces e rapazas visitaron outras dependencias municipais, entre elas o arquivo.