NOVAS

O Ciclo de cine “Ciencia ficción para axitar conciencias” continúa hoxe no Pazo coa proxección de “Farenheit 451”

Publicado o 05 de Outubro de 2022

O Pazo da Cultura de Narón acollerá hoxe, ás 20.00 horas, a segunda proxección do ciclo de cine “Ciencia ficción para axitar conciencias”. 

Nesta ocasión, as persoas que o desexen poderán ver, de balde, a película “Farenheit 451”, de François Truffaut (1966), unha adaptación da distopía de Ray Bradbury na que se reflexiona sobre o totalitarismo, a censura e a liberdade de pensamento. O Cineclube Serie B organiza esta convocatoria en colaboración co Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, a Federación de Cines de Galicia e a Xunta de Galicia.

A terceira e última proxección deste ciclo terá lugar o vindeiro 19 de outubro, tamén ás 20.00 horas e de balde no Pazo. “Distrito 9”, de Neill Blomkamp (2009),  foi o filme elixido para a ocasión. O racismo, a segregación e os prexuízos raciais, así como a manipulación mediática e o poder das grandes corporacións forman parte da temática desta película.

Cartel