A xente de Dameuntoke somos moi deportistas e moi solidari@s, non? Pois temos unha nova cita...
O Pavillón de A Gándara acollerá este sábado 4 de xaneiro de 2014 un partido solidario de fútbol sala, entre o Cidade de Narón e a Selección Galega. Este partido está organizado polo Cidade de Narón de Fútbol Sala, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón, a Deputación de A Coruña, a Xunta de Galicia e Cáritas Interparroquial de Narón.
A finalidade deste partido é recadar alimentos a beneficio de Cáritas Narón, que doará estes produtos ás familias necesitadas do Concello. A entrada para esta competición deportiva consistirá na doación de 1 kg de alimentos.
"Hai moita xente que o está a pasar mal e nos queremos axudar na medida das nosas posibilidades, a que teñan unha navidade un pouquiño mellor” comentou Tomás Llao, director deportivo do Cidade de Narón o día da presentación deste encontro. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, tamén fixo un chamamento á poboación de Narón e comarca “para que asista a este partido, no que ademáis de pasar un bo rato vendo deporte, podemos axudar a quen máis o necesita”.
O partido entre o Cidade de Narón e a Selección Galega de Fútbol Sala comenzará ás 18:30 horas, pero antes disputaranse outras competicións:
- 16:00 horas: Cidade de Narón Prebenxamín “A” vs “B”
- 16:30 horas: Cidade de Narón Benxamín “A” vs “B”
- 17:00 horas: Cidade de Narón Alevín vs Infantil
- 18:30 horas: Cidade de Narón vs Selección Galega