A esta proba acudirán os mellores pilotos da modalidade, entre os que destacan o campeón de España do ano 2010, Sergio García, e o piloto canario gañador da edición do 2009, Toni Santana.
O Circuito de Automodelismo do polígono industrial de Río do Pozo acollerá os días 20, 21 e 22 de maio a II Proba do Campionato de España de Rally Game. O calendario previsto é o seguinte:
- Venres 20 de maio: de 10:00 a 20:30 horas (Entrenamentos libres)
- Sábado 21 de maio: de 10:00 a 20:30 horas (Entrenamentos clasificatorios)
- Domingo 22 de maio: de 10:00 a 18:00 horas (Clasificación, finais e entrega trofeos)
A esta proba acudirán os mellores pilotos da modalidade, entre os que destacan o campeón de España do ano 2010, Sergio García, e o piloto canario gañador da edición do 2009, Toni Santana.
Tamén acudirán a esta proba os mellores pilotos rexionais, e pilotos vascos, catalanes, canarios e valencianos, ademáis de portugueses. Ademáis haberá unha nova categoría destinada ós pilotos de iniciación, entre os que destaca Rocío Fernández (Lugo) que será a única muller que participará dentro desta proba.
Os pilotos representantes de Narón proceden do club RC Narón, organizadores do evento, e suman un total de 10 participantes. Entre eles destaca Miguel Ortega, campión galego no ano 2009, Manuel Candán, subcampeón galego no 2010, e Carlos González, José González e Dani Piñón.
A categoría de Iniciación está encabezada por Alex Seijo, quen logrou en Cataluña a victoria na primeira das probas. Diego Crego, tamén do RC Narón, é outro piloto a ter en conta xa que actualmente é terceiro no campeonato nacional. Tamén estarán, como debutantes, Angel Barcón, Bruno Durán e Marcos Pérez.
O Circuito de Narón foi elexido entre os mellores circuitos de automodelismo de España para celebrar esta proba, a pesares de que solamente se conceden nesta categoría catro probas ó ano. O Concello e o Club RC Narón instalarán carpas para poder albergar ós pilotos e mecánicos que este fin de semana se reunirán en Río do Pozo.
Neste Circuito de Automodelismo, que ten un trazado espectacular, lévanse a cabo varias carreras ó ano, tanto nacionais como rexionais e provinciais. Ademáis, está considerado polos pilotos como un dos mellores de Galicia.
Este fin de semana estarán presentes en Narón máis de 200 persoas, entre pilotos e mecánicos. Entre eles, destacan 30 pilotos do máis alto nivel.