NOVAS

O Club Atletismo Narón abre a inscrición na Escola de Atletismo

Publicado o 05 de Setembro de 2016

A Escola de Atletismo do Club Atletismo Narón abre as súas portas o vindeiro 12 de setembro.

A Escola de Atletismo do Club Atletismo Narón abre as súas portas o vindeiro 12 de setembro.

A actividade desta escola deportiva vai dirixida a rapazas e rapaces dende os 6 anos en adiante.

As clases desenvolveranse no estadio de Río Seco, nas seguintes categorías e horarios:

  1. Luns, mércores, xoves e venres, para as categorías Cadete e Infantil en horario 16:30 a 18:00 horas.
  2. Luns, mércores e venres, para as categorías Alevín e Benxamín en horario de 16:30 a 18:00 horas.
  3. Luns e mércores, para as categorías Prebenxamín e Biberón, en horario de 16:30 a 17:30 horas.

Se precisas máis información, podes atopala:

  1. Na web do Cub Atletismo Narón: www.atletismonaron.es
  2. Nos teléfonos: 659221127 / 619161089 / 649780443
  3. No email: info@atletismonaron.es
  4. No estadio municipal de Río Seco.