O edil de Deportes, Román Romero, presentou onte a undécima edición do “Torneo de golf Cidade de Narón” acompañado polo secretario e o xestor de campo do Club de Golf Campomar, Francisco Alarcón e Jorge Lage, respectivamente.
- Días do torneo: 28 e 29 de outubro.
- Lugar: Campo do Club de Golf Campomar, lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val.
- Inscripcións: Ata o 28 de outubro antes do inicio das probas (sempre que existan vacantes).
- Onde apuntarse:
Páxina web: http://clubcampomar.com (cubrindo o formulario)
Presencialmente: Instalacións do Club.
Por teléfono: 981-453-910 // 663-123-398
O inicio do torneo dará comezo o día 28 ás 15:00 horas e na xornada do día 29 pola mañá iniciarase ás 09:30 e pola tarde ás 14:30.
Este torneo está dirixido a persoas federadas, e a modalidade elexida será a de xogo «Stableford» (por puntos, en vez de por golpes), haberá 2 categorías con 3 premios por cada unha delas.
A entrega dos premios será o sábado día 29, sobre as 20.00 horas, nas instalacións do clube naronés, estando tamén previsto un sorteo de material deportivo. Antes do remate do evento servirase un cóctel para participantes e acompañantes.
Indicarvos que xa hai confirmada a asistencia de persoas procedentes de Santiago, Miño, Lugo, A Coruña e da zona de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
Só faltas tí, así que...anímate e inscríbete antes que se rematen as prazas!!