A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abreu hoxe o prazo de inscrición para participar no programa ConciliaEscola Verán 2015
Onde terá lugar o programa? Na área recreativa de Pedroso.
Onde se poden presentar as solicitudes? No Rexistro Xeral do Concello.
En que horario? De 8:30 a 13:00 horas.
Cando remata o prazo? O día 29 de maio.
A quen vai dirixido o programa? A nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos de idade.
Existe algun tipo de prioridade? Teñen prioridades as familias:
- Empadroados/as no Concello de Narón,e que traballen pai, nai, custodio/a, ou titor/a.
- Empadroados/as no Concello de Narón, e que só un dos proxenitores traballen.
- Empadroados/as no Concello de Narón, sen ocupación do pai/nai/custodio/a ou titor/a
- Non empadroados/as no Concello de Narón, coa mesma orde de preferencia sinalada nos apartados anteriores, en función do traballo.
Cantas prazas hai? O Concello habilitará un máximo de 105 prazas.
En cantas quendas? En 6 quendas, divididas en:
- Do 22 ó 26 de xuño.
- Do 29 de xuño ó 3 de xullo.
- Do 6 ó 10 de xullo.
- Do 13 ó 17 de xullo.
- Do 20 ó 24 de xullo.
- Do 27 ó 31 de xullo.
Que inclúe o programa? Inclúe transporte e desenvolverase en horario de mañá na área medioambiental do Río Xuvia (Pedroso). Os participantes levarán a cabo as seguintes actividades educativas: Obradoiros de cociña, Aula de natureza, e obradoiros deportivos e de aire libre.
Os obxectivos do programa ConciliaEscola Verán son ofrecer servizos para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e habilitar recursos para garantir o dereito de acceso á igualdade de oportunidades ás mulleres en risco de exclusión social e dos menores ó seu cargo.