Xentiña de Dameuntoke! Xa sabedes que dende o día 1 de xullo está aberto o prazo de solicitude das subvencións para asociacións, entidades e clubs deportivos do Concello de Narón.
Xentiña de Dameuntoke! Xa sabedes que dende o día 1 de xullo está aberto o prazo de solicitude das subvencións para asociacións, entidades e clubs deportivos do Concello de Narón.
Se tedes un clube, é o momento! Non o deixedes pasar, retirade as solicitudes nas oficinas do servizo de Deportes (no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándar), podedes facelo de 09:00 a 13:00 horas. Ou, como somos dun Concello moi moderno, podedes descargalas da web do Padroado de Deportes: www.padroadodeportesnaron.com, no apartado "Subvencións Deporte 2013". Nos dous casos as tedes que presentar en persoa no Rexistro Xeral do Concello, tedes ata o 30 de xullo!
Vexamos! Que documentación tedes que presentar?
- Instancia de solicitude cos datos da entidade e d@ seu representante
- Memoria da actividade
- Declaración xurada de solicitude e obtención doutras subvencións
- Declaración de ter presentada a documentación no Rexistro Xeral de Asociacións do Concello
- Autorización de obtención de datos da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da Axencia Tributaria
- Fotocopia da tarxeta do CIF
- Certificación de datos bancarios
- Certificación do acordo de solicitude de subvención e nomeamento do representante
O ano 2012 o importe das subvencións foi de 30000 euros. Este ano, aínda que estamos coa crise a voltas, o Concello de Narón mantén o importe!