NOVAS

O Concello agarda que a Xunta fágase cargo da xestión dos comedores escolares de cara ó vindeiro curso

Publicado o 05 de Maio de 2011

Neste encontro, o Alcalde presentoulle os datos dos usuarios dos comedores escolares no municipio, durante o curso 2010-2011 cuxa xestión foi asumida voluntariamente polo Concello, á pesares de non ser a súa obriga. Esta situación fixo que a administración local teña que invertir 90.000 euros aproximadamente no financiamento do servizo, que conta cunha achega da Xunta de Galicia doutros 30.000 euros.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, mantiveron no día de onte unha xuntanza en Santiago de Compostela co secretario xeral de Educación, Jesús Oitavén, para analizar a situación dos comedores escolares en Narón.

Neste encontro, o Alcalde presentoulle os datos dos usuarios dos comedores escolares no municipio, durante o curso 2010-2011 cuxa xestión foi asumida voluntariamente polo Concello, á pesares de non ser a súa obriga. Esta situación fixo que a administración local teña que invertir 90.000 euros aproximadamente no financiamento do servizo, que conta cunha achega da Xunta de Galicia doutros 30.000 euros.

O Alcalde de Narón explicoulle ó representante da Xunta que o Concello de Narón non pode seguir financiando o mantemento dos comedores escolares porque esa cuestión é responsabilidade do organismo autonómico. “Estaríamos dispostos a seguir un tempo máis mentras se tramita a nova normativa, pero logo a Xunta é quen debe facerse cargo dos comedores”, lembrou José Manuel Blanco.

O Concello de Narón está convocado a unha nova xuntanza, a finais de xuño ou principios de xullo, na que a Xunta de Galicia prometeulle presentar unha alternativa de cara ó curso 2011-2012.