O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración en materia deportiva cos presidentes da Agrupación Deportiva Santiago Apóstol (Juan Manuel Pérez), o Club Balonmán Narón (José Oreona) e a Escola Superior de Kárate de Narón (Gustavo Vázquez). Na firma dos contratos tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida
Cal é a base dos convenios? Os clubs comprométense ó fomento e a práctica destas disciplinas deportivas desde a Base ata as categorías Senior.
Cales serán as aportacións que fará o Concello?
- Agrupación Deportiva Santiago Apostol (Baloncesto): 30.000 €
- Club Balonmán Narón: 8.000 €
- Escola Superior de Kárate de Narón: 9.000 €
Qué destacou o presidente de cada deporte?
- Baloncesto: as categorías Junior e Infantil xogarán para ascender á Liga Galega e o equipo Senior de EBA quedou Campión da Copa Galicia, e 3º na Liga Galega.
- Balonmán: consolidouse o equipo Senior, chegando á final da Copa Federación. O equipo Cadete conseguiu unha boa actuación na Liga e chegou á final da Copa Federación, O vindeiro ano formarase o equipo Infantil feminino.
- Kárate: varios podiums de Infantil a Senior nas competicións autonómicas, e participantes en tódalas categorías nos Campionatos de España.