Podes recoller as invitacións gratuitamente nas billeteiras do Pazo, en horario de 10:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 horas.
Darán un máximo de 4 entradas por persoa.
Participarán 10 comparsas:
De Narón:
- Os Parrandolos da Sociedade Cultural Areosa (Piñeiros).
- Os Colludos da ASCM (O Alto).
- Troupele, Troupele (A Gándara).
- Os Argalleiros (A Gándara).
- O Aturuxo de Melpómene (Xuvia).
- Os Nenos de Lola (Virxe do Mar-A Solaina).
Da comarca:
- Os Trastos (Valdoviño).
- A Revolta (Ferrol).
- A Canteira (Neda).
- Os Xunquiños (Fene).
As comparsas partirán do Pavillón da Mocidade pasando polas rúas do barrio de A Gándara ata rematar no Pazo da Cultura, onde terá lugar o desfile a partir das 18:00 horas, coas correspondentes críticas humorísticas dos acontecementos do ano 2014.
As comparsas de Narón participarán tamén na Festa do Cocido da Gándara e no programa Narón Gastronómico, xoves 12 e sábado 14 tralo Festival de Entroido.
Ven a pasalo en grande!.