O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da ONG Lena (con sede en Narón), Mercedes Taibo, asinaron o pasado 15 de novembro un convenio de colaboración en materia de Participación Cidadá, acompañados pola Delegada da área, Catalina García.
Para que é este convenio? Trátase dun acordo segundo o cal ambas partes colaboran para desenvolver e manter o proxecto educativo e solidario que está a levar a cabo a ONG Lena dende fai varios anos, na rexión brasileña de LenÇois (Bahía).
O Concello contribuirá cunha achega de 4.000 €, que se empregarán na execución deste programa educativo dirixido á infancia.
Para máis información pódese consultar a web da ONG Lena: http://onglena.wordpress.com/