Malas novas para o deporte do noso Concello!
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, ven de lamentar a redución das subvencións deportivas concedidas pola Deputación de A Coruña ó Concello de Narón dentro da convocatoria do ano 2013.
Tal e como informou a Concelleira, Narón solicitou ó abeiro desta convocatoria as seguintes cantidades:
- Para infraestructura deportiva (mellora do ximnasio, vestiarios e sala de musculación do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara): 31.775,81 €. Cabe lembrar que o coste total da obra é de 54.154,76€
- Para actividade deportiva (Rallie de Narón e Gala do Deporte): 33.224,19 €
Recibida a solicitude, a Deputación de A Coruña ten concedido ó oitavo concello de Galicia –en número de habitantes, segundo o INE- as seguintes cantidades:
- Para infraestructura deportiva: 4.603,15€
- Para actividade deportiva: 2.926€
Sumando as cantidades solicitadas e as concedidas o resultado é o seguinte:
- Cantidade total solicitada: 65.000 €
- Cantidade total concedida: 7.529,15€
A redución das subvencións deportivas tamén é considerable respecto á convocatoria do ano 2012, na que se concederon 38.466,76€. Esta redución das subvencións resulta a todas luces incomprensible, tendo en conta que “Narón é un concello cunhas infraestruturas deportivas consolidadas, que son empregadas a diario por máis de 5.000 persoas". Por este motivo “o Concello de Narón critica e lamenta o desprezo que ven de facer a Deputación
cun municipio destas características” sinalou a edil de Deportes, Natalia Hermida.
Lamentablemente isto ven a confirmar o que xa denunciaron fai algúns meses as entidades sociais, culturais e deportivas de Narón, cando alertaron do trato que estaban a recibir por parte da Deputación de A Coruña, na concesión de subvencións.
Como se lembrará, a Xunta Xeral do Padroado de Deportes –no que están representados os clubs deportivos- elevou unha queixa por escrito á Deputación de A Coruña, pola falta de interese deste órgano provincial na concesión de subvencións a entidades deportivas de Narón no ano 2012.
Posteriormente, este mesmo escrito foi levado ó Pleno –celebrado o día 27 de marzo de 2013- a través dunha moción de Terra Galega, aprobada cos votos a favor de TEGA, PSOE, BNG e CG e a abstención do PP. O acordo foi trasladado á presidencia da Deputación Provincial e ós grupos políticos deste organismo.
Non nos gusta! :(