NOVAS

O Concello conmemora con varios espazos o Día Internacional contra a violencia de xénero

Publicado o 25 de Novembro de 2016

Con motivo da celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Concello de Narón organiza unha serie de actos.

Actos programados para os días 25 e 26 de novembro:

  • Evento: “III Marcha Ciclista Escolar contra a violencia de xénero
  • Hora: 10:00 horas.
    Actividade: Saída duns 250 rapaces e rapazas en bicicleta desde os colexios do: Feal, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros e do centro Nuestra Señora de Chamorro.
  • Evento: contacontos “Contos vellos, novos finais”, dirixido a rapaces e rapazas.
  • Hora: 11:00 horas.
  • Relator: Felipe Díaz (Caxoto).
  • Lugar: Auditorio municipal.
  • Evento: Narón en negro contra a violencia de xénero”.
  • Hora: 17:30 horas.
    Actividade: Cadea humana na Praza da Gándara con homes e mulleres vestidos de negro.

Despois deste evento seguirá a tradicional ofrenda floral no Monumento a Muller na Praza da Gándara, que contara coa colaboración das entidades que forman parte do Consello Sectorial de Igualdade.

  • Evento: Iluminación de cor malva a fachada do Pazo da Cultura.
  • Hora: Sobre as 18:30 horas.
  • Evento: “Faladoiro” sobre “A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo
  • Hora: 19:00 horas
  • Lugar: Biblioteca municipal
  • Relator: Rebeca Baceiredo
  • Aforo limitado a 40 persoas

 

Ao longo do día tamén está programada unha campaña de sensibilización que contará coa colaboración das panaderías da localidade, as cales entregarán o pan aos clientes nunhas bolsas de papel nas que figuran os teléfonos cos que contactar ante posibles casos de violencia de xénero.

O día 26 rematarán os actos programados desde o Concello co obradoiro “Micromachista eu?, que terá lugar na Biblioteca entre as 11.00 e as 12.30 horas. Está pensado para menores, a partir de 14 anos, e adultos, que poderán inscribirse no mostrador da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981382173. O obxecto é identificar e combater as manifestacións de micromachismo.

Este mesmo día, finalizará na Biblioteca municipal do Alto a Mostra bibliográfica infantil con diferentes publicacións sobre a igualdade de sexos.