NOVAS

O Concello convoca a segunda edición do Concurso de Monólogos en lingua galega “Qué me dís!!”

Publicado o 04 de Agosto de 2011

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón- dependente da Concellaría de Cultura, e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaria Xeral de Política Lingüística- convoca o 2º Concurso de Monólogos “Qué me dis!!”.

Este concurso, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, consiste na gravación de monólogos

-tanto en formado de vídeo coma de audio- que serán colgados na páxina web do Concello (www.naron.es). Para participar, é imprescindible que os monólogos estean realizados en lingua galega e en clave humorística.

Os premios ós que se pode optar son unha cámara fotográfica, un marco de fotografías dixital, e un reproductor MP4.

Para máis información, pódese contactar co Servizo de Normalización Lingüística no teléfono 981 337 700 (ext 1516) ou a través do correo a.pita@naron.es

O concurso comenza o día 12 de agosto. Ese día colgaranse na web as bases e o enlace para enviar os monólogos como arquivo adxunto.