A través destes acordos, o Concello destinará un total de 123.000€ á práctica da Natación, o Fútbol e o Fútbol Sala.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, asinou hoxe tres convenios de colaboración en materia deportiva e cunha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2014).
A través destes acordos, o Concello destinará un total de 123.000€ á práctica da Natación, o Fútbol e o Fútbol Sala.
Os convenios foron ratificados cos seguintes clubs deportivos:
- Agrupación deportiva Náutico de Narón. Importe: 21.000 €.
- Sociedade Deportiva O Val. Importe: 40.000 €
- Club Cidade de Narón de Fútbol Sala. Importe: 62.000€
O Alcalde de Narón destacou a importancia de continuar fomentando o Deporte en Narón, asegurando ó respecto que “tíñamos o compromiso de manter o deporte, e pouco a pouco iremos recuperando as partidas que tivemos que reducir debido á crise”. Así mesmo, José Manuel Blanco indicou ós presidentes dos tres clubs que “podedes seguir contando connosco para o que precisedes. Dende o Concello de Narón imos a seguir investindo no deporte porque cremos que é fundamental para os veciños”.
Pola súa parte, os presidentes das tres entidades agradeceron o respaldo que reciben por parte do Concello de Narón: “Grazas ó Concello por seguir apoiándonos nestes momentos tan difíciles” indicou Mª José Suárez, presidenta da Agrupación Deportiva Náutico de Narón. Na mesma liña expresouse o presidente da S.D. O Val, Francisco Xavier Aneiros. Pola súa banda, o presidente do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala asegurou que “hai poucos concellos que se involucren tanto no deporte como Narón, o cal é de agradecer enormemente”, recalcou José Ramón Padín.