O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Voleibol Narón-Volea, Plácido Vicente Armada Peña, asinaron un convenio de colaboración para a coordinación e promoción de actividades relacionadas con esta disciplina deportiva. Na sinatura tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida.

Cando se asinou este convenio? O 21 de abril de 2015.
Que se pretende conseguir con este acordo?
A través deste acordo, o Club obrígase a fomentar e potenciar a práctica do Voleibol dende as categorías Base ata a categoría Senior, sendo o encargado da realización, coordinación, promoción e desenvolvemento de calquera actividade relacionada co mesmo.
Cando se extinguirá o convenio?
O convenio ten unha vixencia anual (estará vixente ata o 31 de decembro de 2015).
Canto diñeiro poderá utilizar o club, gracias ao convenio, para a realización das actividades?
O club percibirá unha achega de 6.000 € para a realización das actividades relacionadas co Voleibol.