A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitou o pasado 22 de xullo o Centro Municipal de Formación (A Gándara) onde estanse a impartir distintos cursos dos programas AFD e Habilita 2014.
A edil saudou ós alumnos e alumnas destes obradoiros e animoulles a sacar o maior aproveitamento posible destas ensinanzas. Actualmente estanse a impartir os seguintes cursos de formación:
Programa Habilita 2014: Programa financiado íntegramente polo Concello, son accións formativas de corta duración, aplicables a calquera realidade sociolaboral e/ou imprescindibles para mellorar as competencias persoais e profesionais:
- Prevención de riscos e saúde laboral (60 horas de duración, do 17 de xullo ó 4 de agosto. 15 alumnos)
- Iniciación ó cultivo baixo abrigo (20 horas de duración, do 21 ó 28 de agosto. 10 alumnos)
Ademáis, dentro deste programa están pendentes de empezar dous cursos de Iniciación á maquinaria agroforestal, manual e lixeira, e Mellora de empregabilidade.
Programa AFD 2014: Programa cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Narón. Actualmente impártense os seguintes cursos:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (618 horas, do 1 de xullo ó 18 de novembro. 15 alumnos)
- Montaxe de mobles e elementos de carpintería (540 horas, do 3 de xullo ó 7 de novembro. 15 alumnos)
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (475 horas, do 7 de xullo ó 6 de novembro. 15 alumnos)
Ademáis actualmente impártese o Curso de Electricista de Edificios (400 horas, do 26 de maio ó 20 de setembro. 10 alumnos) financiado pola Fundación Endesa en colaboración con Cáritas e o Concello de Narón.