Como xa sabedes dende o noso Concello estanse a firmar unha serie de convenios económicos con diferentes entidades deportivas para axudalas a que continúen desenvolvendo o traballo que están a facer a prol do deporte.

O Alcalde, José Manuel Blanco, asinou catro novos convenios deportivos para a práctica do Atletismo, Ximnasia Rítmica, Remo e Voleibol, por importe total de 44.500€ e que van beneficiar aos seguintes clubes:
- Club Atletismo Narón: 21000 euros que beneficiarán a 120 deportistas
- Club Acordes Narón: 10000 que beneficiarán a 80 deportistas
- Club Narón Volea: 6000 euros, que axudarán a 100 deportistas
- Club de Remo Narón: 7500 euros, que apoiarán a labor de 50 deportistas
O rexedor destacou o enorme esforzo que están a facer estes clubes co deporte de base, sumando entre os catro aproximadamente 350 deportistas. O importe total dos catro convenios asinados hoxe ascende a 44.500€, unha cifra que agárdase superar en anos futuros, toda vez que a situación económica mellore.
José Manuel Blanco, acompañado da Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, amosáronse orgullosos dos clubes deportivos de Narón, e do traballo que están a facer dentro e fora das nosas fronteira.