O Concello de Narón mantén aberto o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos 2015 da Deputación da Coruña.
Ata cando estará aberto o prazo? Ata o 29 de maio.
A quen vai dirixida a oferta? A nenos/as nados nos anos 2005, 2004, 2003, 2002 e 2001 (grupo A) e 2000, 1999 e 1998 (grupo B).
Qué pasa se hai máis solicitudes que prazas? No caso de que isto ocurra o Concello realizará un sorteo público para adxudicar as prazas do grupo A, mentres que a Deputación sorteará publicamente as do grupo B.
Onde se realizarán as inscricións? No Rexistro Xeral do Concello.
Qué documentación hai que entregar?
- Ficha de inscrición cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante.
- Unha foto tipo carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
- Copia de aboamento da cota de inscrición (posterio á confirmación da praza por parte do Concello).
- No suposto de que o neno/a necesitara ter un tratamento ter un tratamento específico ou doenza que se deba ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. É importante facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.
Onde se desenvolve o campamento? Desenvolverase en A Coruña, con aloxamento no Colexio Calvo Sotelo.
Qué inclúe a cota de inscrición? É de 85 € e inclúe transporte interno, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. A cota será abonada unha vez que o interesado ibteña a praza.