Mañá saberemos cal é a iniciativa vencedora no premio "Ponle Freno"!
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, e o equipo de Educación Vial do Concello (formado por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos) desprazaranse mañá a Madrid para asistir ó acto de entrega dos premios Ponle Freno 2014, que terá lugar a partires das 12:00 horas no Senado. Teremos que estar atent@s!
O Concello de Narón está nominado na categoría “Mellor Acción de Seguridade Vial”, pola campaña continuada de Educación Vial e perigos do alcohol ó volante, dirixida a alumnos/as da ESO e Bacharelato.
Esta iniciativa constou dunha parte teórica nas aulas, e outra práctica a través da condución dun vehículo cunhas gafas que distorsionan a visión, de xeito similar ó efecto do exceso de alcohol.
Esta acción competirá con outras dúas:
- un sistema de detección de ciclistas deseñado pola marca Volvo
- unha acción da Garda Civil que logrou deter a un cabalo desbocado que circulaba cun neno por unha autoestrada
Quen se vai levar o premio? A ver se temos sorte e lle gustou moito á xente o traballo do noso Equipo porque o premio o vai levar aquela iniciativa que consiga un maior número de votos a través de Internet, sendo o público deste xeito quen otorga o galardón.
Ollo que en Narón xa vimos de volta! Xa levamos o primeiro premio noutra ocasión. Esta é a segunda vez que o Concello de Narón opta ó premio Ponle Freno, que xa gañou no ano 2011 na categoría de “Ponle Freno Junior”.
Ponle Freno é unha iniciativa de Antena 3, Onda Cero e Europa FM en colaboración coa aseguradora AXA, que trata de mellorar a seguridade vial tanto dos peóns coma dos condutores e pasaxeiros.