NOVAS

O Concello de Narón opta ó premio "Ponle Freno" pola súa campaña de educación vial e perigos do alcohol

Publicado o 05 de Marzo de 2014

O Concello de Narón acaba de ser nominado á VI edición dos Premios Ponle Freno, na categoría de “Mellor iniciativa de Seguridade Vial”.

O Concello de Narón acaba de ser nominado á VI edición dos Premios Ponle Freno, na categoría de “Mellor iniciativa de Seguridade Vial”.

O xurado de Ponle Freno reuníuse no día de onte para elixir ós nominados nas catro categorías destes premios:

  • Ciudadano Ponle Freno
  • Premio AXA á  Innovación en materia de Seguridade Vial
  • Ponle Freno Junior
  • Mellor Acción de Seguridade Vial)

 

Cando imos saber se nos dan o premio? Teremos que agardar ata o 20 de marzo, comunicarase no Senado en Madrid.

Ponle Freno é unha iniciativa de Antena 3, Onda Cero e Europa FM en colaboración coa aseguradora AXA, quee trata de mellorar a seguridade vial tanto dos peóns coma dos conductores e pasaxeiros.

O premio á Mellor Acción de Seguridade Vial será elexido polos internautas, que poderán votar na páxina web de Ponle Freno: www.antena3.com/ponlefreno

Haberá que participar co noso voto, non? A verdade é que o Equipo de Educación Vial do Concello leva traballando xa desde hai uns anos con moita enerxía para educarnos un pouco mellor nesto da seguridade vial.

Non van estar sós! Hai outras dúas propostas que compiten polo premio, en total tres! Queredes saber algo máis?

  1. Concello de Narón: campaña continuada de Educación Vial e perigos do alcohol no volante, dirixida a alumn@s da ESO e Bacharelato. Ademais da parte teórica, fanse prácticas cun simulador e unha gafas que distorsionan a visión, de xeito similar ó efecto do exceso de alcohol. Esta campaña está desenvolvida polo Equipo de Educación Vial do Concello de Narón, integrado por Pedro Caneiro (Policía Local) e Simón Cabarcos (técnico de INEF), baixo a coordinación da Concellería de Seguridade Vial de Narón.
  2. Sistema de detección de ciclistas: desenvolvido pola casa Volvo, que desenvolveu un sistema que grazas a un radar e unha cámara situados no coche, é capaz de detectar ciclistas e evitar o posible atropelo en caso de accidente.
  3. Dous gardas civís neutralizan un cabalo desbocado: acción de dous gardas civís de Sevilla que foron capaces de deter a un cabalo desbocado sobre o que ía montado un neno de 10 anos, e que circulaba en sentido contrario por unha vía de circunvalación.

Esta é a segunda vez que o Concello de Narón opta ó premio Ponle Freno, que xa gañou no ano 2011 na categoría de “Ponle Freno Junior”.

Sorte rapaces!