Non paramos de recoller premios no Concello!
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recolleu o pasado sábado 3 de maio en Pontevedra o Premio AELG “Institucións 2014” outorgado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Que se recoñece con este premio? Algo que a xente de Narón xa sabe dende hai tempo! A calidade da Programación anual de Teatro de Narón deseñada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón. O director do Padroado, Luciano Fernández, acompañou ó Alcalde a recoller o galardón, entregado no transcurso da “Gala das Letras” celebrada no Teatro Principal de Pontevedra.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destacou nesta gala a aquelas entidades que contribuíron á divulgación da lingua e cultura galegas, a través do apoio ó teatro galego, que por extensión significa o respaldo á normalización da cultura e a lingua galega.
Narón "mola"! Naroneamos en galego?