O Concello, a Deputación e a Cooperativa de O Val editan un libro coas ponencias das I Xornadas Técnicas do Pemento do Couto
O Concelleiro de Turismo de Narón, José Luis Suárez, presentou en rolda de prensa o libro das I Xornadas Técnicas sobre o Pemento do Couto, editado polo Concello de Narón, en colaboración coa Deputación Provincial de A Coruña e a Cooperativa de O Val. Estivo acompañado polo vicepresidente do organismo provincial, Pablo Villamar, o xerente da Cooperativa do Val, José Castro Leirachá, e por Tomás Casal e Enrique Gómez, promotores destas xornadas.
Téñense editado 500 exemplares desta obra, que recolle as ponencias desenvolvidas durante a xornada do 28 de maio de 2010. Os libros se distribuirán entre as universidades galegas, en centros de estudios agrarios, na biblioteca municipal de O Alto, na Deputación de A Coruña, e na Cooperativa de O Val.
As II Xornadas sobre o Pemento do Couto desenvolveranse o vindeiro 27 de maio, coa participación de catro ponentes: dous doutores en Bioloxía da Universidade de A Coruña, a xefa de estudios da Escola de Capacitación Agraria de Guísamo, e Tomás Casal, quen aportará de novo unha visión histórica do pemento do Couto. As xornadas incluirán, ó igual que na primeira edición, unha visita a un invernadoiro da Cooperativa de O Val.