Os obradoiros de saúde comunitaria contémplanse como materias transversais ó currículum escolar, xa que o sistema educativo deberá contemplar (segundo a Lei orgánica 2/2010 do 3 de marzo) a formación en saúde sexual e reproductiva, como parte do desenvolvemento integral da personalidade e da formación en valores.
A Concellería de Mocidade do Concello de Narón está a desenvolver un programa de Educación para a Saúde nos centros escolares de Narón. A edila responsable da área, Natalia Hermida, destacou a importancia destos obradoiros, que se veñen a facer con continuidade no tempo.
O programa está dirixido ó alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria (ESO), e de maneira experimental ós alumnos de 6º de Primaria dos centros educativos de Narón.
Os obradoiros de saúde comunitaria contémplanse como materias transversais ó currículum escolar, xa que o sistema educativo deberá contemplar (segundo a Lei orgánica 2/2010 do 3 de marzo) a formación en saúde sexual e reproductiva, como parte do desenvolvemento integral da personalidade e da formación en valores.
Nos obradoiros dos riscos do tabaquismo e o alcholo, vese a necesidade de abodar o fenómeno das drogodependencias dende unha reflexión co adolescente, en relación ós coñecementos e actitudes previos que este posúe sobre o tema das drogas. Realízase un tratamento obxetivo da información e unha análise dos diferentes factores persoais e ambientais que están incidindo no consumo, procurando equipar ó adolescente cos recursos necesarios para ter unha actitude crítica e responsable ante o consumo destas sustancias.
O Concello está a organizar cinco sesións por grupo escolar e obradoiro, dende o 2 de maio ata o 20 de xuño, en horario lectivo de mañá.
Relación de centros participantes e número de alumnos:
Obradoiros de educación afectivo-sexual
CEIP Ponte de Xuvia: 6º E.P. (19 alumnos)
CEIP A Solaina: 6º E.P. (45 alumnos)
IES Terra de Trasancos: 3º ESO (43 alumnos)
CPI O Feal: 2º ESO (37 alumnos) e 3º ESO (31 alumnos)
Obradoiros de riscos do tabaquismo e o alcohol
IES As Telleiras: 2º ESO (84 alumnos)
CEIP Ponte de Xuvia: 6º E.P. (19 alumnos)
CPR Jorge Juan: 3º e 4º ESO (23 alumnos)
CPI O Feal: 4º ESO (26 alumnos)
A metodoloxía empregada para levar a cabo os obradoiros consiste en dinámicas e traballos en grupo, utilizando recursos audiovisuais, xogos, cuestionarios ou textos, e imaxes que fomenten a expresión de opinión. Tamén se leva a cabo a resolución de casos en grupo, e o debate sobre vídeos, imaxes, situacións e noticias actuais.
Durante as sesións, póñese a disposición dos rapaces/zas un espazo interactivo onde poder consultar as dúbidas que lles vaian xurdindo acerca das temáticas tratadas nas sesións, ou doutras relacionadas coa afectividade, sexualidade, e prevención de drogas.
Cada grupo está guiado por unha educadora social, con coñecementos de educación para a saúde e prevención de consumo de drogas, e educación afectivo-sexual, así como experiencia na dinamización de grupos adolescentes.