NOVAS

O Concello e o Club de Golf Campomar asinan un convenio de colaboración

Publicado o 30 de Xuño de 2014

Gústavos o golf? Pois temos unha entidade en Narón que asinou un convenio co Concello o pasado 18 de xuño para promocionar este deporte, así que haberá que botar unha ollada a ver que actividades preparan, non si? Esta entidade é o Club de Golf Campomar.

Este acordo corresponde á anualidade de 2014 e o principal obxetivo do mesmo é a coordinación e promoción de calquera actividade relacionada co Golf. Para iso, o Club Campomar deberá fomentar e potenciar a práctica deste deporte dende as categorías Base ata a categoría Senior. A cambio, percibirá unha achega de 12.000 euros para a posta en práctica destas accións deportivas.

Vémonos no green!