NOVAS

O Concello habilita 10 prazas máis na Escola de Piragüismo para o mes de agosto.

Publicado o 01 de Agosto de 2011

O Padroado de Deportes do Concello de Narón ven de crear 10 novas prazas para a Escola de Piragüismo, só durante o mes de agosto, dada a demanda rexistrada na práctica deste deporte.

O Padroado de Deportes do Concello de Narón ven de crear 10 novas prazas para a Escola de Piragüismo, só durante o mes de agosto, dada a demanda rexistrada na práctica deste deporte.

A oferta está dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos, e o único requisito para poder participar é saber nadar. O curso durará o do 1 ó 31 de agosto, de luns a venres, a razón de unha hora diaria que se fixará en función das mareas. O lugar no que se impartirá é a ribeira do paseo marítimo de Xuvia.

O prezo desta actividade para o mes de agosto é de 12 euros, e os interesados deberán realizar a correspondente inscripción nas Oficinas do Padroado de Deportes, situadas no Complexo Polideportivo de A Gándara (en horario de 9 a 13 horas).

O piragüismo é un deporte que está a suscitar un grande interese por parte da mocidade en Narón. Unha proba delo é que no municipio celebrouse o sábado 30 de xullo o I Campionato Galego de Piragüismo alevín e benxamín, no que participarán 475 deportistas de Galicia e Portugal.

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, valorou positivamente a alta participación de nenos/as nesta proba, e animou á cidadanía a presenciar “un espectáculo deportivo moi vistoso”. Ademáis, agradeceu ó Club de Piragüismo de Narón a organización desta proba, en colaboración co Concello de Narón e o Padroado de Deportes. Hermida tamén quixo lembrar a colaboración do Club de Remo de Narón e dos patrocinadores que fan posible a realización deste evento.