O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco
ofreceu hoxe unha recepción ó culturista naronés Luis Pernas, por ter acadado os máximos galardóns no mundo do Culturismo durante este ano 2014:
- os títulos de Mister Universo
- e Campión do Mundo.
Na recepción tamén participou a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e asistiron representantes políticos municipais e familiares do homenaxeado.
O rexedor naronés felicitou a Luis Pernas polos seus éxitos deportivos, asegurando que “unha persoa que nos representa fora das nosas fronteiras con estes resultados, é realmente importante” indicou José Manuel Blanco. Pola súa banda, o galardoado agradeceu ó Concello de Narón “que vos fagades eco do culturismo como deporte, porque non sempre se entende así. Ademáis tamén é un estilo de vida. Agora quédame competir en Estados Unidos” sinalou Luis Pernas.
Pernas alzouse no mes de xullo coas distincións de Mister Universo 2014 na categoría de talla media, e Mister Universo absoluto, no Campionato do Mundo de Culturismo celebrado o en Sapri (Italia). Tres meses despois, o pasado 25 de outubro conseguía o galardón de Campión do Mundo de Culturismo 2014 na súa categoría, no transcurso do campionato celebrado en Roma (Italia).
Luis Pernas veu así recompensado todo o esforzo e a preparación necesarios para acadar o máximo nivel no mundo do Culturismo, logo de 19 anos de entrenamento e 15 de competición. Neste tempo conseguiu tamén cinco títulos de Campión de España de Fisioculturismo. Pernas é propietario do ximnasio Revolution Fitness e da tenda de dietética Natural Sport, ambos ubicados en Narón.