NOVAS

O Concello intensifica os seus recursos de apoio á empregabilidade para ofrecer formación e orientación laboral ós desempregados

Publicado o 15 de Febreiro de 2012

A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a aumentar os recursos municipais de cara á mellora da empregabilidade  e inserción laboral das persoas desempregadas de Narón.

A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a aumentar os recursos municipais de cara á mellora da empregabilidade  e inserción laboral das persoas desempregadas de Narón.

Así, o Concello dispón de oito persoas adicadas á búsqueda de emprego:

  • Unha orientadora laboral, encargada de informar, asesorar e orientar a persoas desempregadas para mellorar as súas capacidades e destrezas, e asesoralas nos itinerarios formativos e informarlos sobre empregas e contratos. Para poder ser atendidos pola orientadora laboral, é preciso pedir cita previa no teléfono 012 ou no Concello.
  • Unha técnica de emprego, encargada de informar, asesorar e acompañar ás persoas que queiran iniciar un negocio e crear o seu propio posto de traballo. Axudará a evalorar posibilidades, custos, localización e tramitación das axudas económicas.
  • Dous técnicos de apoio e un coordinador de formación encargados de informar, asesorar e coordinar na formación laboral e profesional.
  • Tres orientadores de emprego para as mesmas tarefas sobreditas, pero adicados a atender a 100 desempregados no Plan Integrado de Emprego “Collefolgos” que logo de 2 meses de funcionamento xa conseguiron 13 contratos.

 

Ademáis, o Concello dispón de recursos materiais e de equipamento, coma o Centro de Formación Municipal “Irmáns Froilaz” (A Gándara), que dispón de 2.500 m2 cubertos construídos, e que na actualidade atópase no proceso de homologación de novas especialidades e ocupacións para realizar e adaptar a oferta ós novos retos da sociedade e do mercado laboral.

Balance do ano 2011
Con todos estos recursos humanos e materiais, no ano 2011 ofrecéronse os seguintes servizos:

Orientación laboral:

  • Persoas atendidas para orientación laboral: 439.
  • Persoas atendidas en itinerarios profesionais individualizados: 7.
  • Persoas atendidas no Prodis (Programa de Inserción): 36.

 

Proxectos atendidos para a creación de microempresas:

  • Proxectos asesorados para iniciar negocios autónomos ou microempresas: 38.
  • Microempresas constituídas: 22.
  • Microempresas que continúan en fase de estudio e viabilidade: 16.

 

Resultados de formación laboral:

  • Número de accións formativas realizadas: 33.
  • Número total de alumnos participantes nestas accións: 443.

 

Resultados de contratación:

  • Número de contratos asinados por desempregados/as participantes nas accións formativas para o emprego: 62.
  • Porcentaxe de inserción laboral en alumnos formados: 36%.
  • Número de contratos/postos de traballo creados polo programa de microempresas: 22.
  • Porcentaxe de inserción laboral en programa de microempresas: 58%.