O Concello de Narón abrirá hoxe luns, día 26, o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña (UDC), no Campus da Coruña, durante o curso académico 2019-2020
As subvencións cubren o 50% do bono bus para el traslado diario do estudantado universitario ao campus da UDC e poderán solicitarse ata o 13 de setembro (incluído), tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A edil naronesa indicou que a partida global do Concello para estas subvencións ascende a 25000 euros.
As tramitacións realízanse a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas- a través do modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar, ao igual que a través doutros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, según indicou a edil de Ensino.
As persoas solicitantes deben estar empadroadas no Concello de Narón, matriculadas na UDC e non superar os umbrais de renda establecidos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entre outros requerimentos. Para máis información pódese consultar a páxina web do Concello de Narón: http://www.naron.es/web/cat/es/axudas-e-subvencions.