NOVAS

O Concello oferta dez prazas de libre concurrencia dentro da Oferta Pública de Emprego correspondente ó ano 2011

Publicado o 02 de Febreiro de 2012

O Concello de Narón ten en marcha a Oferta Pública de Emprego (OPE) correspondente ó ano 2011, formada por 10 prazas de libre concurrencia (oposición) e outras 9 prazas de promoción interna.

O Concello de Narón ten en marcha a Oferta Pública de Emprego (OPE) correspondente ó ano 2011, formada por 10 prazas de libre concurrencia (oposición) e outras 9 prazas de promoción interna.

O concurso para a provisión destas últimas xa foi resolto, e os seus titulares tomaron posesión no día de hoxe. Trátase de postos do nivel C1 correspondentes ás xefaturas de negociado de Atención Cidadá, Rexistro, Caixa, Alcaldía, Intervención, Servizo Sociocomunitario (2 prazas), Obras e Sanidade.

Respecto á oferta pública de emprego, o Concello oferta as seguintes prazas:

  • Arquitecto técnico (nivel A2). Aberto o prazo de presentación de solicitudes.
  • Auxiliares administrativos (nivel C2). Publicadas as bases da oposición. 5 prazas.
  • Policías locais (nivel C1). Publicadas as bases  da oposición. 3 prazas.
  • Conserxe (nivel C2). Pendente de publicación das bases da oposición.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lembrou que este municipio ten unha prantilla de funcionarios moi reducida, que representa tan só o 27,64% do Orzamento Xeral do ano 2012. Sobre a relación de postos de traballo convocados dentro da OPE do ano 2011, o rexedor explicou que con estas prazas “poderanse mellorar os servizos nos distintos departamentos municipais, resultando totalmente imprescindibles, especialmente agora que o Estado pechou ós concellos a oferta pública de emprego para o 2012”.