NOVAS

O Concello organiza a Feira Captación do Talento

Publicado o 24 de Novembro de 2022

O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou o pasado día 18 a Feira Captación do Talento que terá lugar no Pavillón Campo da Serra os días 25 e 26 de novembro en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

 

 

 

Galego manifestou que o obxectivo fundamental desta Feira é “Crear un espazo de punto de encontro onde o sector empresarial da comarca poida expoñer as necesidades e perfís profesionais que demandan, e á súa vez, as persoas interesadas presenten a súa formación e experiencia profesional buscando o resultado final de creación de emprego, así como dar a coñecer e consolidar os novos perfís profesionais que tanto as novas formas de comercialización como de mercados están a demandar no sector. Todo isto enmarcado nunha boa organización e posicionamento nas redes sociais”. 
No transcurso da Feira desenvolveránse  dúas ponencias. O venres 25 “Narón presente e futuro: as persoas optimistas son persoas realistas” que analizará a motivación como motor que activa o desenvolvemento do talento e as variables a ter en conta no proceso. O sábado 26 “Captar talento persoal para integrar nas competencias laborais que actualmente necesita o tecido empresarial”, dando a coñecer as claves que vinculan o talento persoal coas competencias laborais que demandan e necesitan as empresas.