A Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil María Rodríguez Porto, abre o prazo para inscribirse na "Ruta N 50".
A Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil María Rodríguez Porto, abre o prazo para inscribirse na "Ruta N 50".
Onde me podo anotar? Na páxina web de Turismo de Narón (www.turnaron.es) a inscrición é gratuita.
Cando remata o prazo? O día 23 de abril do 2015.
Obxectivo da actividade? Percorrer a pé unha ruta de 50 km que discorre por tódalas parroquias de Narón, dando a coñecer o patrimonio e a historia do municipio.
Que vamos ver? O Mosteiro do Couto, o paseo marítimo de Xuvia, a Presa do Rei, o Muíño de Pedroso, o Pazo Libunca ou a Capela de Santa Margarida entre outros.
Que días se fai a "Ruta N 50"? Farase os días 25 e 26 de abril.
Cal é o programa da "Ruta N 50"?
Sábado 25 de abril
- 9:00 horas -> Saída dende o Pavillón da Gándara.
- Puntos de control -> A Magnolia de Xuvia e o Local da Asociación A Pombiña.
- 16:30 horas -> Chegada ó Local Social de San Xiao (volta en bus ata o Pavillón da Gándara).
- Duración ->7 horas e media.
- Lonxitude -> 27 km aprox.
Domingo 26 de abril
- 9:00 horas -> Saída en bus do Pavillón da Gándara ata o Local Social de San Xiao.
- Puntos de control -> Cooperativa de O Val, e Campo de Fútbol de O Cadaval.
- 15:00 horas -> chegada ao Pavillón da Gándara.
- Duración -> 6 horas aprox.
- Lonxitude -> 23 km.
Os participantes que completen a ruta recibirán un diploma acreditativo.
NON ESQUEZAS LEVAR O CHALECO REFLECTANTE.
Documento | Tamaño |
---|---|
Plano_Ruta_definitivo.pdf | 1.61 MB |