NOVAS

O Concello presenta o 26º Rallie de Narón: 7 ó 9 de xuño

Publicado o 04 de Xuño de 2013

26 anos facendo o Rallie!! Xa ten tela a cousa!! Noraboa ao Siroco Team!

26 anos facendo o Rallie!! Xa ten tela a cousa!! Noraboa ao Siroco Team!

Xa temos a nova edición do Rallie de Narón en marcha! En Dameuntoke sabemos do gran número de afeccionad@s ao motor que hai no noso Concello. A pasada semana tivemos aos Fojeteiros "and friends" ruxindo os seus motores polas nosas rúas e esta semana xa xheira outra vez a goma queimada.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida e o secretario da Escudería Siroco Team de Narón, Moncho Padín, presentaron o pasado 3 de xuño a 26º Rallie Cidade de Narón, que se desenvolverá os días 7,8 e 9 de xuño.

En total: 376 km de carreira para percorrer na xornada do sábado, con catro tramos cronometrados.

O parque de vehículos estará no exterior do Centro Comercial e de Ocio "Dolce Vita Odeón" e o parque de asistencia no Polígono de Río do Pozo.

O número de participantes será de 102, cunha elevada presencia de equipos locais. A organización vai contar nas súas filas cun total de 230 persoas que farán que todo saia ben, como está previsto.

Natalia Hermida, Concelleira de Deportes e José Manuel Blanco, Alcalde, pediron á cidadanía que respeten as indicacións e se manteñan nas zonas de seguridade establecidas polos organizadores.

Nesta edición, tamén está presente a crise económica que nos atinxe a tod@s, véndose reflexada na redución do orzamento da proba. Aínda así, o Concello de Narón é o principal patrocinador aportando 43000 € frente a 900 € aportados pola Deputación de A Coruña para subvencionar este evento. “Lamento que por parte da Deputación non se apoie a este rallie como é debido, e que éste sexa un caso máis da discriminación que está a levar a cabo cos clubes e entidades deportivas de Narón”, sinalou Natalia Hermida.

A responsable de Deportes de Narón engadíu que no ano 2011 a Deputación otorgou 9.000€ ó Rallie de Narón, reducindo a cantidade ata os 900€ no ano 2012 –aínda sen cobrar- e neste ano 2013 aínda se descoñece a cuantía da achega provincial. Na mesma liña expresouse o secretario do Siroco Team, Moncho Padín, ó comentar que “a día de hoxe aínda non cobrarmos a achega da Deputación correspondente ó rallie do 2012, e o Concello de Narón e Odeón son os que fan posible, xunto cos pequenos patrocinadores, que esta proba poida celebrarse”.

O Alcalde de Narón destacou o revulsivo que supón un deporte destas características para o municipio, posto que atrae a centenares de persoas non só de Narón senón do resto da bisbarra e mesmo doutros lugares da provincia, coa repercusión que trae consigo na hostelería e no comercio. Tamén felicitou ó Siroco Team “porque xa é unha institución, posto que non é doado que un club poida manter a súa actividade durante 26 anos de xeito ininterrumpido, e cada vez con menos orzamento e máis ganas”, declarou José Manuel Blanco.

Finalmente, o rexedor naronés expresou a intención do Concello de Narón de continuar fomentando e apoiando os dous grandes pilares deste municipio: a Cultura e o Deporte.

Xa sabedes amig@s, tanto se vos gusta o motor, como se sodes afeccionad@s á fotografía deportiva, este fin de semana tedes unha boa oportunidade para achegarvos a este deporte e ao mundo do motor.

Sorte aos equipos na carreira! Ide con coidado!

Deixámosvos toda a información descargable para que coñezades aos participantes, os tramos e horarios, e as normas de seguridade!

   
Documento Tamaño
Información rallie (tramos, normas de seguridade e horarios).pdf 912.8 KB
Listado participantes rallie.pdf 273.47 KB