NOVAS

O Concello programa diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas

Publicado o 09 de Maio de 2016

O Concello de Narón conmemorará con varios actos o Día das Letras Galegas, que se celebra o vindeiro 17 de maio e este ano está adicado ao poeta lucense Manuel María.

As actividades contempladas no programa comezarán a desenvolverse o 14 de maio e rematarán na xornada do día 17. Os concelleiros de Ensino e BibliotecasCultura e DeportesMercedes TaiboMarián Ferreiro e Román Romero presentaron a semana pasada a programación.

A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a primeira das actividades, que terá lugar o sábado 14 de maio, cun espectáculo sobre “Poemas e contos con Manuel María”, a cargo da contadora e ilustradora de contos Marisa Irimia, que comezará ás 11.00 horas na Biblioteca municipal. 

  1. As persoas interesadas en participar deben ter o carné da Biblioteca e terán que anotarse previamente, a partir do 10 de maio, nas citadas instalacións ou chamando ao número de teléfono 981 382 173

Taibo incidiu en que con esta convocatoria “tratamos de inculcar aos nenos e nenas a importancia da nosa cultura e tamén dar a coñecer algúns dos escritores e poetas máis relevantes de Galicia, entre eles o homenaxeado, Manuel María, ao tempo que fomentar o uso da lingua galega”.

 

O resto das actividades do programa terán lugar o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas:

  • Ás 10.00 horas partirá desde a praza da Gándara ata o mosteiro do Couto e o muíño das Aceñas a “1ª Andaina polas Letras”, para regresar de novo á Gándara (sobre as 12.30 horas). O traxecto é duns doce quilómetros e estará amenizado por un grupo do Padroado da Cultura, tocando pezas de música tradicional galega. 
  • Esta actividade require inscrición previa, ata o 13 de maio, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón ou no Padroado de Deportesda localidade.

O concelleiro de Deportes subliñou que se trata dunha cita “cun marcado carácter deportivo pero adaptada para persoas de diferentes idades” e, sobre todo, asegurou, “pensada para dar a coñecer parte do patrimonio histórico e natural de Narón nesta data tan sinalada”.

 

A programación continuará a mesma tarde do día 17, no que se instalará na praza de Galicia unha Biblioteca na rúa, (das 17.00 ás 19.30 h.), na que permanecerán expostas obras de Manuel María e tamén doutras figuras da literatura galega. Tamén haberá:

  1. Enredos e xogos infantís populares para os nenos e nenas.
  2. Un photocall de Manuel María.
  3. Actuación do Coro Solidario do IES Terra de Trasancos.

 

*No caso de que o tempo non sexa o adecuado, as actividades desa tarde trasladaranse ao pavillón municipal de Piñeiros.

Para rematar o programa, o propio Día das Letras Galegas terán lugar os concertos de Os Resentidos e a Lira de Rivadavia no Pazo da Cultura a partir das 19.00 horas. O espectáculo da Banda máis antiga de Galicia, con novas creacións e versións para homenaxear á tradición galega da música de verbena e das festas populares.

O prezo das entradas (á venta na taquilla do Pazo):

  1. 9,50 euros para o público en xeral
  2. 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados.

A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade deste espectáculo, que representará “unha moi boa oportunidade no Día das Letras Galegas para contribuír á posta en valor da nosa cultura en xeral e, en particular, da música tradicional galega”.