NOVAS

O Concello promove unha recollida de material escolar con destino ó Centro de Recursos Solidarios

Publicado o 22 de Setembro de 2014

Mocidade solidaria de Narón! Estade atent@s que temos unha misión! :)

O Concello de Narón inicia unha campaña de recollida de material escolar nas librerías de Narón, destinada ó Centro de Recursos Solidarios (CRS). Esta campaña prolongarase ata finais de decembro. 

A Concelleira de Acción Social, Catalina García, entregou esta mesma semana os colectores de recollida de material ós responsables de dous establecementos colaboradores:

  • Librería Galicia (Xuvia)
  • Librería Nova (Santa Icía). 

Tamén está confirmada a participación nesta campaña das Librería Day (A Gándara) e a Librería Breogán (Santa Icía), aínda que o Concello tratará de que participen tamén as 9 librarías restantes, e incluso os centros escolares.

Cal é o obxectivo? A idea é instalar estes depósitos nos establecementos comerciais, para que as persoas que queiramos doar material escolar: bolígrafos, cadernos, folios, etc...o poidan adquirir nestas mesmas librarías e depositar nos colectores.

Máis adiante, a partires do mes de xuño de 2015 realizarase outra recollida de material de cara ó curso 2015/2016.