Día do Usuario das Bibliotecas
O pasao día 16 celebrouse o acto programado polo Concello para celebrar o Día do Usuario das Bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro. Á convocatoria asistiron o Alcalde, José Manuel Blanco e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo.
Por terceiro ano consecutivo, o goberno local procedeu a nomear a dez persoas como “Usuarios de honra”, ás que se lles fixo entrega dun diploma acreditativo.
O acto desenvolveuse na sección Infantil da Biblioteca Municipal do Alto –na planta baixa- ás 12.30 horas.
Nesta ocasión, na categoría ata catorce anos obtiveron o diploma:
- Nerea López Camba
- Lucía Hurtado Fontao
- Inés Mosquera Martínez
- Hugo Calvo Mauriz
- Marco Calvo Mauriz.
Na modalidade de adultos os recoñecementos son para:
- Dora Pereiro Grandal
- Ana María Puentes López
- Ana López Freire
- Roberto Pantín Rodríguez
- Jonatan León Barrul.
Cal é o obxectivo deste recoñecemento? A concelleira da área explicou que con estas distincións se pretende recoñecer “a especial vinculación destas persoas e a súa participación nas actividades desenvolvidas na Biblioteca Municipal durante o ano 2015”. Mercedes Taibo agradeceu tamén ao resto de socios e usuarios da Biblioteca a súa implicación nas diferentes convocatorias que se suceden ao longo do ano nas bibliotecas municipais.