NOVAS

O conseguimos! O Concello de Narón acada o premio á "Mellor acción de Seguridade Vial"

Publicado o 20 de Marzo de 2014

Conseguímolo! O Concello de Narón acaba de lograr o Premio á “Mellor acción de Seguridade Vial” 

do 2013 outorgado pola Plataforma Cidadá de Seguridade Vial “Ponle Freno Antena 3 TV”, que xa conta con máis de 100.000 membros.

O galardón foi recibido esta mañá polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, de mans do Presidente do Senado, Pío García Escudero.

É un premio moi especial e importante posto que fúchedes vós @s internautas @s que decidistes cos vosos votos, outorgar ó Concello de Narón o galardón, respaldando así a campaña de Educación Vial e perigos do alcohol ó volante, dirixida a alumn@s da ESO e Bacharelato.

A iniciativa contemplaba a condución dun vehículo cunhas gafas que distorsionan a visión, de xeito similar ó efecto do exceso de alcohol. Algúns de vós seguro xa a coñecedes! Logo de recoller o premio, o Alcalde de Narón asegurou que estas gafas “se deberían de instaurar como iniciativa de prevención do consumo do alcohol ó volante, posto que a través delas podemos comprobar cómo se reducen as capacidades das persoas nestas situacións, e o perigo que supón o binomio alcohol e condución”.

José Manuel Blanco indicou que “é máis que un orgullo estar neste lugar tan importante e representativo da Democracia”, en referencia ó Senado e  felicitou ós responsables das outras propostas nomeadas na mesma categoría  (un sistema de detección de ciclistas deseñado pola marca Volvo, e unha acción da Garda Civil que logrou deter a un cabalo desbocado que circulaba cun neno por unha autoestrada) .O premio “é un recoñecemento ás dúas persoas que forman o equipo de Educación Vial, Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, que xa lograron en 2011 o premio Ponle Freno na categoría Junior, e tamén ó Concelleiro de Seguridade Vial de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, que tódolos anos consigue que haxa diñeiro para a Educación Vial” comentou o Alcalde.

O Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, felicitou ó Concello de Narón e ó Alcalde “porque sin duda ha sido el justo ganador. Es una campaña que merece destacarse como ejemplo a seguir, sin duda alguna” declarou o Ministro, quen minutos despois acudiu ó Congreso para asistir á votación da nova Lei de Tráfico e Seguridade Vial.

O acto foi conducido polo xornalista Matías Prats e contou coa presenza de personalidades relacionadas coa política e a seguridade vial, coma o Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz; o Presidente do Senado, Pío García-Escudero; a Delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes; a Directora Xeral de Tráfico, María Seguí; o Director Xeral da Policía, Ignacio Cosidó; o portavoz da Comisión sobre Seguridade Vial e Movilidade Sostible no Congreso, Jordi Jané; o Vicepresidente da Comisión de Seguridad Vial do Congreso, Telmo Martín González; o Fiscal Xeral de Seguridade Vial, Bartolomé Vargas; o presidente do xurado e Asesor Xeral de ‘Ponle Freno’, Carlos Sáinz, así como directivos da corporación ATRESMEDIA.

Noraboa a todo o equipo!