O CISC convoca un novo proceso de selección para a formalización de 199 contratos de persoal técnico en diversos institutos, unidades e centros cos que conta esta institución polo estado español. A modalidade destes contratos serán de "contrato en prácticas".

- Un total de 44 contratos serán da categoría "Titulado Superior de Actividades Técnicas e Profesionais. Grupo Profesional I".
- Outros 155 contratos correspóndelle á categoría de "Técnico Superior de Actividades Técnicas e Profesionais. Grupo Profesional III".
O prazo de inscrición será do 2 ao 18 de febreiro de 2016.
Os requisitos para acceder?
- Ter a nacionalidade española ou pertencer a algún dos estados da UE.
- Ter a titulación académica concreta, na especialidade e nivel da mesma, esixida por cada contrato.
- Estar inscrito no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O sistema de selección será o de concurso, no que as persoas aspirantes poderán presentarse como moito a tres contratos do total ofertado.
A duración desta vinculación contractual co CSIC será de 2 anos improrrogables, cunha xornada laboral de 37,5 horas semanais, a realizar de luns a venres.
As características das prazas ofertadas e toda a información relativa á convocatoria atópase dispoñible na sede electrónica do CSIC. Clica aquí para acceder.