O equipo de Educación Vial do Concello de Narón (formado polo Policía Local Pedro Caneiro, e o técnico de INEF Simón Cabarcos) anunciaron a pasada semana a colaboración coa empresa Bicimarket (ubicada en A Gándara)durante a temporada escolar 2013/2014.
En concreto, esta colaboración consistirá no patrocinio, por parte desta empresa, das actividades relacionadas co Programa de Educación Vial do Concello de Narón :
- obradoiros nos colexios
- saídas en bicicleta e actividades lúdicas e de ocio (coma rutas turísticas por Narón) tanto para escolares coma para familias.
- asimesmo, facilitarán apoio ás actividades deportivas organizadas dende o Concello.
A cambio, o Concello de Narón ven de adquirir a esta firma dúas bicicletas que serán empregadas polo equipo de Educación Vial, nos desprazamentos que realizan xunto cos escolares dos colexios do municipio, tales coma a Marcha Ciclista Escolar, ou as visitas culturais a lugares de interese de Narón (coma o Mosteiro do Couto).