Queridos e queridas ciclistas amig@s de Dameuntoke...algunha bici vella no faiado? Baixádea!
O equipo de Educación Vial do Concello de Narón ven de poñer en marcha a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”.
É o segundo ano consecutivo que a organizan, lembrades do ano pasado? Trátase dunha iniciativa solidaria, pola cal podemos doar a bicicleta que teñamos na casa e que xa non usemos, porque xa está algo vella ou porque se nos quedou pequena...
A entrega das bicicletas pode facerse nos Centros Escolares de Narón en horario lectivo, ou ben no Concello en horario de mañá (de 8:30 a 13:30 horas) ata o día 28 de decembro.
O equipo de Educación Vial encargarase de arranxalas e poñelas nas mellores condicións posibles, para facer que esas bicicletas que xa non se usaban, sexan o agasallo de Nadal dalgún neno ou nena de Narón.