O Pavillón Polideportivo Campo da Serra (Santa Icía) acollerá o sábado 13 de decembro de 9:30 a 21:00 horas IV Torneo de Esgrima Antiga ‘Cidade de Narón’, organizado pola Asociación Naronesa de Esgrima Antiga (ANEA) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. A entrada é gratuita.
O programa deste torneo é o seguinte:
- 9:30 horas: Recepción dos participantes
- 10:30 horas: Clases de Iniciación Ropera (Ton Puey), Avanzada Mano e Media (Daniel Mablung López Varela).
- 11:45 horas: Clases: Avanzada Ropera (Ton Puey), Iniciación Mano e Media (Daniel López).
- 13:00 horas: Xogos de Armas.
- 14:30 horas: Comida.
- 16:30 horas: Torneo Ropera.
- 18:30 horas: Torneo Mano e Media.
- 20:30 horas: Entrega de Trofeos e despedida.
A Esgrima Antiga é un arte marcial europeo que estuda a práctica e a teoría do uso civil das armas que se empregaban en Europa entre os séculos XII e XVIII. O torneo naronés, que cada ano gana en seguidores –tanto na parte lectiva como deportiva- contará con máis de 50 tiradores de Galicia e Asturias.
Durante a mañá, os participantes poderán asistir ás clases impartidas por Maestros de prestixo internacional e nacional. As clases serán sobre Espada Ropera, a principal arma civil do século de oro e a Espada de Mano e Media, a máis característica deste arte marcial.
Ó longo do evento, os participantes disporán dun espazo habilitado para que poidan realizar asaltos de estudio, e comparar técnicas co resto dos participantes. Á tarde celebraranse os dous Torneos (de Espada Ropera e de Espada de Mano e Media) onde os practicantes de ambas modalidades poderán medir a súa técnica. Ademáis, haberá unha exposición de simuladores de espadas, así como libros que se utilizan para practicar e investigar na actualidade.