A Concellería de Mocidade de Narón abre o prazo de inscrición para participar no programa "MOCIFOR 2015", dirixido á mocidade desempregada do noso concello.
A Concellería de Mocidade de Narón abre o prazo de inscrición para participar no programa "MOCIFOR 2015", dirixido á mocidade desempregada do noso concello.
Quen pode participar? Mozos e mozas desempregados do Concello de Narón de entre 18 e 35 anos.
Cando se poden presentar as solicitudes? As solicitudes presentaranse do 13 ao 17 de abril do 2015.
Onde se presentan? No Rexistro Xeral do Concello de Narón, de 8:30 a 13:30
Que se necesita para presentar a solicitude? A solicitude que engadimos a nova e fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar).
Cantas prazas se ofertan? O curso terà unha duración de 400 horas. Este curso desenvolverase no Centro Municipal de Formación de A Gándara (con prácticas en empresas) do 27 de abril ó 17 de agosto, de luns a venres (5 h ó día).
Cantos alumnos e alumnas poden participar e como se van seleccionar? Poden participar 15 alumn@s que van ser seleccionados según a orde de inscrición.
Onde se pode pedir máis información? No Servizo de Información Sociocomunitario:
- Ángel Álvarez: Teléfono 981 337 700 ext. 2602
- Ángela Lagoa: Teléfono 981 337 700 ext. 1123
- Mercedes Sánchez (Mame): Teléfono 981 337 700 ext. 1103
Descarga a documentación necesaria para realizar a inscrición
Documento | Tamaño |
---|---|
SOC17_Mocifor_2015.pdf | 190.25 KB |