NOVAS

O luns 15 de setembro ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Culturais Municipais 2014/15

Publicado o 12 de Setembro de 2014

Music@s, cantareir@s, bailador@s, teatreir@s, debuxantes, luthiers, actores e actrices de Narón...! Atendede!

Dende o vindeiro luns 15 de setembro ata o sábado 4 de outubro está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Culturais Municipais 2014/15. 

Onde vos podedes inscribir? Nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Que actividades culturais municipais se ofrecen? Hai moreas delas...

  • Escolas tradicionais: danza tradicional, gaita, percusión tradicional, canto e pandeireta, zanfona, construción de instrumentos, e o recuncho dos pequenos. (Prezo da matrícula é de 63,10€/curso).
  • Artísticas: debuxo e teatro. (Prezo da matrícula: 63,10€/curso).
  • Escola de Actores e Actrices: curso de acceso. (Prezo da matrícula: 63,10€/curso) e 1º, 2º e 3º curso (matrícula: 208€/curso). 
  • Bailes de salón: a partir de 4 anos (matrícula: 31,60€ máis 15€/ mes)
  • Escolas de música da Asociación Cultural Musical Sementeira: iniciación á música. Solfexo de 1 a 6 anos e instrumentos (saxofón, trompeta, fliscornio, trompa, trombón, bombardino, tuba, clarinete, requinto, oboe, fagot, frauta traveseira, violonchelo, contrabaixo e percusión) (matrícula: 67€ e 8€/mes). O curso consta de 8 mensualidades, de outubro a maio, ambalas dúas incluídas. A cota de socio é obrigatoria e son 20€/anuais.

Importante: As persoas que teñan tres matrículas ou máis, poderán aprazar o seu pagamento, facendo efectiva a parte adebedada do 9 ó 12 de decembro. O prazo de devolución de matrículas será ata o 31 de outubro.

Precisades +info? Podedes chamar ó teléfono 981 391 144 ou ben escribir un correo electrónico ó seguinte enderezo: d.canovas@naron.es