O mago Martín Varela actuará o venres 28 de novembro no Pazo da Cultura de Narón
O mago Martín Varela actuará o venres 28 de novembro no Pazo da Cultura de Narón, nun espectáculo titulado ‘Manifesto’ e apto para o público adulto. Comezará ás 20:30 horas e as entradas están xa á venda nas billeteiras do auditorio, ó prezo de 13€ venta anticipada e 15€ o día da actuación.
Trátase dun espectáculo no que calquera espectador que pense ver unha representación de maxia convencional, verase sorprendido por unha posta en escena totalmente fresca, rompedora e sorprendente. Haberá aparicións, desaparicións, transformacións e teletransportacións de persoas, seres mitolóxicos, animais e mesmo espectadores.
Martín Varela compartirá co público a súa visión da maxia, da beleza e da arte. Dende o instante no que o espectador entra no teatro, a iluminación, o son, a música, o vestiario, os efectos especiais e os números nunca vistos farán que respire unha atmósfera máxica que o levará a través dunha viaxe cargada de imaxinación, creatividade e emoción.