A vicepresidenta do organismo, Marián Ferreiro, recordou que a cita alcanza este ano a súa oitava edición e recalcou que que a Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao colaborará novamente nesta proposta que se celebrará no Pazo da Cultura.
A convocatoria repartirá este ano un total de 2.850 euros en premios. As bases do certame, así como a folla de inscrición, poderán descargarse a partir do 27 de outubro na páxina web do Concello de Narón – www.naron.es - e tamén na do Padroado da Cultura – www.padroadodecultura.es -.
Categorías:
- Adultos, para persoas a partir de 16 anos,
- Infantil, para rapaces e rapazas de ata 15 anos.
A temática e a técnica dos traballos a presentar será libre, debendo tratarse de obras orixinais entregando unha por autor, enmarcadas ou protexidas e de 50x50 centímetros como mínimo, sen poder superar os 120 centímetros de lado.
Podedes presentar as vosas obras desde o, día 27, ata o vindeiro 18 de novembro no Pazo da Cultura.
Á fase final do certame, exporanse no Pazo do 19 ao 26 de novembro, de 9.00 a 14.00 e desde as 17.00 ata as 21.00 de luns a venres, e de 10.00 a 14.00 os sábados.
Todos os participantes recibirán un agasallo e na categoría de adultos haberá tres premios, de 1.500; 750 e 400 euros, respectivamente, para os autores das tres mellores obras, e tamén o premio especial Francisco Criado, de 200 euros, en recoñecemento este último ao pintor que lle da nome, orixinario de San Xiao.
A obra gañadora pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura do Concello de Narón e o autor da mesma terá dereito a que se expoña 15 días no Pazo. O acto de entrega de premios terá lugar o 23 de novembro, coincidindo coa celebración do Día de Narón, ás 20.00 horas no Pazo da Cultura.
Animádevos e participade neste evento!!
Descarga máis información: