NOVAS

O Padroado de Cultura amplía o prazo de inscrición nas Escolas Municipais Culturais ata o 15 de outubro

Publicado o 06 de Outubro de 2014

Estas Escolas están a ser todo un éxito!

O Padroado de Cultura do Concello de Narón acaba de ampliar o prazo de matrícula das Escolas Culturais Municipais para este curso 2014/2015, ata o vindeiro mércores 15 de outubro.

Onde vos podedes apuntar? As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do Pazo da Cultura de Narón, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 ou de 17:00 a 19:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Sabedes que xa levan máis 600 matrículas! Guau! Impresionantes a aceptación das escolas! Narón é todo un referente no movemento cultural galego!

Se tedes interese en apuntarvos pero non sabedes ben que oferta hai...non o deixedes pasar moito máis! Só vos queda ata o día 15! Estas son as actividades nas que podedes participar:

ESCOLAS TRADICIONAIS:

 

  • Danza Tradicional: a partir de 5 anos......................................   63.10 € Curso
  • Gaita: a partir de 6 anos.............................................................. 63.10 € Curso
  • Percusión tradicional: a partir de 6 anos.................................. 63.10 € Curso
  • Canto e pandeireta: a partir de 5 anos...................................... 63.10 € Curso
  • Zanfona: a partir de 8 anos......................................................... 63.10 € Curso
  • Construción de instrumentos: maiores 16 anos...................... 63.10 € Curso
  • O Recuncho dos Pequechos: 3 e 4 anos.................................. 63.10 € Curso

 

 

ARTÍSTICAS:

 

  • Debuxo: a partir de 6 anos..........................................................63.10 € Curso
  • Teatro: a partir de 14 anos...........................................................63.10 € Curso

 

 

ESCOLA DE ACTORES E ACTRICES:

 

  • Curso de Acceso: a partir de 16 anos........................................63.10 € Curso
  • 1º, 2º, 3º curso:.................................................................................208 € Curso

 

 

Aquelas persoas que teñan tres matrículas ou máis poderán aplazar o seu pagamento, facendo efectiva a parte adebedada do 9 ao 12 de Decembro. O prazo de devolución de matrículas será ata o 31 de Outubro.

BAILES DE SALÓN:

 

  • A partir de 4 anos: ............................................Matrículas 31.60 € + 15 €/mes

 

 

ESCOLAS DE MÚSICA ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA: 

As matrículas poderán formalizarse nas oficinas da Asociación Cultural Sementeira no 2º andar do Pazo da Cultura, os sábados de 11:00 a 13:00 horas. Para máis información poden chamar o teléfono: 699 458 267.

 

  • Iniciación a música: 5 e 6 anos.................................Matrícula 67 € + 8 €/mes
  • Solfexo de 1 a 6: dende os 7 anos e adultos ..........Matrícula 67 € + 8 €/mes
  • Instrumentos: ( Saxofón, trompeta, fliscornio, trompa, trombón, bombardino, tuba, clarinete, requinto, oboe, fagot, flauta traveseira, violonchelo, contrabaixo e percusión)............Matrícula 67 € + 8 €/mes

 

O curso consta de oito mensualidades de outubro a maio, ámbalas dúas incluidas. A cota de socio é obligatoria e son 20 € anuais.