NOVAS

O Padroado de Cultura celebra este xoves a Gala do 30º aniversario da creación da Escola de Teatro de Narón

Publicado o 27 de Abril de 2011

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro xoves, 28 de abril, a Gala do 30 Aniversario da creación da Escola de Teatro de Narón (1981-2001). O evento comenzará ás 21 horas, e a entrada é de balde aínda que é preciso retirar as invitacións nas taquillas do Pazo, ou reservar telefónicamente no número 981 39 11 44.

A Gala consistirá nunha serie de sketchs de entre 5 e 10 minutos de duración cada un deles, protagonizado polos seguintes actores e actrices: Flor Maceiras, Pedro Picos, Xosé Bonome, Maria Veiga, Lorena Montero, Patricia Rivas, Maribel López, Antonio Estévez, Cris Mariño, Eva Arias, Gena Hernández, Carmen Louro, Celia González, José Luis Santiso, Marián Rei, Xabier Deive, Carlos M. “Mos”, José Prieto, Pepablo Patinho, Montse Piñón, J.L. López “Sacha”, Iolanda Muiños (gañadora dun premio Maria Casares 2011) e alumnado da Escola de Teatro de Narón.

Estará dirixida polo dramaturgo naronés José Luis Prieto, quen na rolda de prensa explicou que haberá unha media de 65 persoas enriba do escenario, o que fai unha idea da importancia deste espectáculo.