NOVAS

O pasado venres presentouse "A banda do garaxe"

Publicado o 10 de Abril de 2017

O pasado venres, día 7 de abril de 2017, celebrouse o concerto de presentación de "A Banda do garaxe" no Café Teatro do Pazo da Cultura

"A banda do garaxe"

A formación intégrana doce músicos, de entre 13 e 17 anos, da Escola de Música da Agrupación Cultural Musical Sementeira e das Bandas da citada asociación.

"A Banda do garaxe" interpretou o pasado venres, a partir das 19.30 horas, temas de Adele e  Bonney M, entre outros, de música moderna.

Xa temos un novo referente musical no Concello!