NOVAS

O pavillón polideportivo da Gándara acollerá este domingo a XXIII Copa Galicia de Baloncesto Feminino

Publicado o 17 de Setembro de 2015

Amantes do baloncesto e do deporte!

Amantes do baloncesto e do deporte! Temos unha cita este domingo coa XXIII edición da Copa Galicia de Baloncesto Feminino.

A que hora temos esta cita tan deportiva? Ás 18:00 horas.

O prezo? As entradas a este evento teñen un prezo de 3 euros e van estar á venta na taquilla do Pavillón Polideportivo de A Gándara.

A Copa de Galicia foi presentada polo concelleiro de Deportes, Román Romero, o xoves 17 de setembro en rolda de prensa. Román estivo acompañado no acto polo presidente do Club Baloncesto Narón, Juan Manuel Pérez "Suso", e o director deportivo da citada entidade, Jesús Manuel Varela.

O edil de Deportes naronés destacou a relevancia deste evento, co que colabora o Concello a través do Padroado de Deportes e animou á veciñanza a asistir á convocatoria. Pola súa banda, os representantes do Club Baloncesto Narón valoraron a colaboración do Concello de Narón.